Entre peites de ouro e encantos irresistibles, engaiolan humanos ao longo das costas e ríos.
Lendas
País Vasco
Texto
Lamia
Este ser mitolóxico conta cun corpo híbrido. Nas zonas costeiras presenta aspecto de serea, mais no interior a súa parte inferior conta con diferentes pes zoomórficos, ben de pato, galiña ou cabra. A súa parte superior, sempre común, é a dunha muller caracterizada pola súa beleza.
Do mesmo xeito que as mouras galegas ou as xanas asturianas, as lamiak peitean os seus longos cabelos con peites de ouro e namoran a todo ser humano que se tope con elas.