Flora e fauna
Galicia
ImaxeTextoVídeo

Estanque dos cabalos

Convivencia entre a fauna e a flora para salvagardar o monte.

Reserva artificial de auga creada para abastecer os cabalos que manteñen limpo o monte. A introdución do gando en extensivo é unha iniciativa da Comunidade de Montes de Castelo como unha alternativa para manter en bo estado o monte e evitar a roza mecánica así como medida de prevención de incendios. Nesta charca estase desenvolvendo un interesante ecosistema podendo apreciar anfibios como cágados. Ademais, dentro da charca nace un manantial de auga, o que garante a seguridade do abastecemento de auga todo o ano, moi útil especialmente durante a época estival.

Contidos relacionados
Non se atoparon resultados.