Unha batalla anual entre o ben e o mal.
Lendas
Galicia
Texto
Coca
Conta a lenda que na ría de Vigo habitaba un dragón con cola de serpe e ás de morcego. O seu nome –Coca– deriva da palabra latina cocatrix, que significa crocodilo.
Cada vez que a coca axexaba a poboación de Redondela, unha moza remataba nas súas garras. Tras varios sucesos, os mariñeiros do pobo xuntaron folgos para poñer fin aos raptos da coca e batallaron durante días até, finalmente, vencer o monstro.
Morta a coca, trasladaron o seu cadáver á praza do pobo, onde comezaron a bailar ao seu redor empuñando cadansúa espada. Hoxe, esta celebración segue representándose o día do Corpus Christi nas rúas de Redondela.