Castaña ou carbón, fartura ou non.
Lendas
Galicia
Texto
Apalpador
Este personaxe está vencellado á tradición do Nadal, trátase dun home carboeiro que descende da montaña durante a noite do 24 ou o 31 de decembro –segundo a zona– para visitar aos nenos e nenas da contorna.
O seu obxectivo é coñecer se a cativada se alimentou correctamente durante o ano e, para comprobar isto, toca o ventre de nenos e nenas. No caso de que a alimentación fose boa, premia con castañas e algún agasallo, desexando un novo ano cheo de felicidade e fartura: “así esteas todo o mano”. No caso contrario, cando considera que non comeron o suficiente, fai entrega de anacos de carbón.
A súa figura é equiparable á do Olentzero no País Vasco.