Lendas
Galicia
Texto

Lobishome

En lúa chea, hai quen habita a pel do lobo e esquece todo.

Como o seu propio nome indica, o lobishome é un individuo que se transforma en lobo. Esta mutación pode darse como froito dunha imprecación ou ben atendendo a unha serie de casuísticas concretas como ser o sétimo fillo dunha mesma nai, ter nacido na noite de Nadal ou nun Venres Santo.

A alteración prodúcese en noites de lúa chea que obrigan ao suxeito a vagar coma un lobo até a mañá seguinte, esquecendo todo o sucedido nese período no que se asume a forma animal.

En Allariz foi popular o caso de Manuel Branco Romasanta, quen no ano 1852 confesou a autoría de varios crimes tras, segundo as súas declaracións, converterse en lobo a causa dunha maldición que recaía sobre el.

Contidos relacionados
Texto

Coca

Unha batalla anual entre o ben e o mal.

Lendas
Galicia