Lendas
Asturias
Texto

Caru de la muerte

Transporte espectral que recorre a noite e anuncia a morte.

Trátase dun carro que percorre o ceo nocturno na procura das almas das persoas que están a piques de morrer. Así, o carruaxe detense fronte a casa do moribundo e interpélao directamente: “Saia, fulano, que aquí o buscan”.

Contan algunhas lendas que o carro é o transporte da Güestia: unha procesión de almas en pena que comparte similitudes coa Santa Compaña galega; mais existen discrepancias e tamén se menciona que a persoa condutora é a última defunta da parroquia.

Contidos relacionados
Texto

Manona

Unha man peluda percorre a noite, trastornando fogares e xermolando pesadelos.

Lendas
Asturias
Texto

Güestia

Pregoneira da morte, deixa tras de si o temor do fin no seu reino da noite.

Lendas
Asturias