Transporte espectral que recorre a noite e anuncia a morte.
Lendas
Asturias
Texto
Caru de la muerte
Trátase dun carro que percorre o ceo nocturno na procura das almas das persoas que están a piques de morrer. Así, o carruaxe detense fronte a casa do moribundo e interpélao directamente: “Saia, fulano, que aquí o buscan”.
Contan algunhas lendas que o carro é o transporte da Güestia: unha procesión de almas en pena que comparte similitudes coa Santa Compaña galega; mais existen discrepancias e tamén se menciona que a persoa condutora é a última defunta da parroquia.