Moer o cereal e cobrar a maquía; o troco do muíño.

Augas
Galicia
AudioImaxeTexto
Muíño de Perito
Antigo muíño de regato, de rodicio e de canle que na actualidade só conserva en pé a estrutura dos muros, atopándose en xeral nun estado ruinoso. Ata o muíño viña a presa que traía a auga, pero vén dun río de propiedade privada. A abundancia de muíños nesta zona explícase pola importancia que tivo o cereal no Xalo.



