Oficios
Texto

Trashumancia

Migracións en harmonía, ao ritmo que marcan as estacións do ano.

A trashumancia é unha modalidade de migración estacional de ganado, a cal consiste en desprazar aos animais de pastoreo –frecuentemente ovellas, pero tamén vacas ou cabras– durante longos períodos, até zonas baixas ou cálidas en inverno e cara zonas de maior altitude e frescura en verán.

Este movemento, entre diferentes zonas xeográficas ou climáticas, permite o aproveitamento dos distintos pastos. Un proceso cíclico que pretende garantir o alimento para o gando durante todo o ano.

Neste percorrido, a través de rutas establecidas, os pastores trasladan o gando camiñando, nunha viaxe que pode durar varios días, en función das distancias entre os pastos. O cambio de estación marca un novo comezo, emprendendo o camiño de volta cara o lugar de orixe ou cara un destino máis axeitado para a nova tempada.

Trátase dunha tradición moi antiga que se ven realizando dende hai milleiros de anos. Aínda que vixente, na gandaría moderna, a súa práctica resulta menos habitual. Recoñecida por ser un método sostible e eficaz forma parte do Patrimonio Cultural Inmaterial do noso país.

Contidos relacionados