Entre fume e lume, hai quen obtén riquezas condenando a súa alma.
Cabellucos del diablo
Estes seres aparecen na noite de San Xoán, voando entre as chamas e o fume. Ao seu paso e posible identificar un profundo cheiro a xofre e tamén escoitar os seus infernais bramidos.
Trátase de sete seres –procedentes do inferno– con aspecto de grandes cabaliños do demo que están condenados a voar sempre xuntos.
Aínda que as fogueiras de San Xoán atenden a un ritual de purificación non están exentas de que estes cabellucos se acheguen a elas. Por isto, para protexerse da desgraza, débense trazar sete cruces no aire.
Os setes seres desaparecen ao amencer, retirándose as súas covas. Durante este traxecto, cansados da incesante marcha da noite, comezan a salivar. Dise que, ao solidificarse, esta baba se convirte en ouro e que quen a atopa terá grandes riquezas, pero que, tras a súa morte, a súa alma será condenada ao inferno.